Escrito o:
Cursos Ceoe - Cepyme 2015 Lugo
Desde a nosa área de Formación estamos a preparar a posta en marcha de catro novos cursos, dirixidos neste caso a traballadores en activo, autónomos e desempregados (ver detalles de colectivos ao final desta entrada) e organizados no marco dos plans intersectoriales de formación de CEOE e CEPYME, financiados polo Servizo Público de Emprego Estatal.
En concreto, no marco desta nova programación impartiranse, na modalidade de formación mixta (combina teleformación con horas presenciais -cinco xornadas en total por curso-) catro cursos: un curso sobre 'Emprender un Negocio', un curso sobre 'Reinxeñería Empresarial', un curso sobre 'Desenvolvemento Profesional' e un sobre 'Novos Mercados para Pemes' (descargar programas ao final desta entrada).
O número total de horas de cada curso é de 60 e o de prazas, 80.
Os cursos impartiranse entre os meses de abril e xuño (o planning coas datas das presenciais, que terán lugar en horario de 19:30 a 22:30 horas, pode descargarse ao final desta entrada). O proceso de inscrición xa está aberto e pode formalizarse a través das seguintes ligazóns (cada alumno soamente poderá inscribirse nun destos catro cursos ofertados):
INSCRICIÓN CURSO 'EMPRENDER UN NEGOCIO' - Completo
INSCRICIÓN CURSO 'REINXEÑERÍA EMPRESARIAL'
INSCRICIÓN CURSO 'DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL'
INSCRICIÓN CURSO 'NOVOS MERCADOS PARA PEMES'
Obxectivos
Con estes cursos ampliamos a tradiconal oferta de formación en Lugo que impartimos desde a CEL, que inclúe fundamentalmente cursos para traballadores e desempregados deseñados o marco dos plans de formación intersectoriales e AFD de nivel autonómico.
Nesta ocasión, os cursos previstos centraranse en cuestións de interese para a mellora empresarial como reingeniería de procesos ou comercio exterior, a formación de emprendedores e a orientación e redeseño da propia carreira profesional.
Colectivos
Entre os destinatarios destes cursos atópanse traballadores/as fixos descontinuos nos períodos de non ocupación, traballadores/as que accedan por primeira vez á situacion de desemprego cando se atope en período formativo, traballadores/as acollidos á regulación de empelo nos seus períodos de suspensión de emprego, as persoas traballadoras que presten os seus servizos retribuidos en empresas ou entidades públicas non incluídas no ámbito de aplicación dos acordos de formación nas Administracións Públicas e coticen á Seguridade Social en concepto de formación profesional e os/as traballadores/as desempregados sempre que figuren inscritos nos Servizos Públicos de Emprego ao comezo da acción formativa.