Voltar atrás

Escrito o:

Axudas para a modernización do comercio

O próximo día 11 de marzo finaliza o prazo de solicitude das axudas habilitadas en Galicia pola Consellería de Economía e Industria para a "mellora da imaxe, modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante comerciante polo miúdo e artesanal galego".

A través destas axudas subvenciónanse investimentos en acondicionamento do local comercial, adquisición de mobiliario e equipamento comercial, ferramentas e programas informáticos, novos sistemas de comercialización a través das novas tecnoloxías (venda online, apps, actualización de webs, etc.) ou sistemas de venda a través de redes sociais, entre outros.

Na nosa sección para asociados pode descargarse resumo máis detallado sobre conceptos incluídos e excluídos neste programa de axudas, así como a orde completa. Para máis información e consultas concretas, contactar co noso Departamento Económico - Fiscal

Abandono actividade comercial

Outras axudas tamén aínda vixentes para este sector son as que anualmente se regulan para faclitar o relevo no comercio. Poderán solicitarse até o mes de agosto de 2015. Máis info tamén na nosa sección de Documentación e a través dos técnicos do Departamento Económico - Fiscal.

Foto: Rúa da Raíña no centro histórico e comercial de Lugo (Arquivo CEL)