Escrito o:
Crear empresas: por en marcha un negocio en Lugo a través do DUE
A pasada semana publicábase no BOE o Real Decreto 44/2015, de 2 de febreiro, polo que se regulan as especificacións e condicións para o emprego do Documento Único Electrónico (DUE) para a posta en marcha de sociedades cooperativas, sociedades civís, comunidades de bens, sociedades limitadas laborais e emprendedores de responsabilidade limitada mediante o sistema de tramitación telemática. Engádense estas sociedades á Sociedade Limitada Nova Empresa, á Sociedade Limitada, á Sociedade Limitada de Formación Sucesiva e ó Empresario Individual, que xa podían tramitarse a través deste sistema.
Tal e como se indica neste Real Decreto, "o DUE é o documento que permite a creación de empresas de maneira integrada por medios electrónicos e nun só procedemento": trámites ante a Seguridade Social, comunicación á Axencia Tributaria de inicio de actividade, trámites complementarios como inscrición de ficheiros de carácter persoal na AEPD, solicitude de reserva de marca ou nome comercial, solicitude de licenzas a concellos ou comunicación de contratos de traballo, entroutros.
O DUE regulouse por primeira vez en 2003 para a constitución da Sociedade Limitada Nova Empresa e, a través de posteriores normas -incluído o recentemente aprobado RD-, foise ampliando o seu uso a outros tipos de sociedades.
Fundación CEL
Lembramos aos emprendedores que na nosa Fundación CEL - Iniciativas por Lugo é PAE, Punto de Atención ao Emprendedor do Sistema CIRCE, a través do que se asesora na xestión e definición dun proxecto, se se inicia e completa o trámite administrativo de creación e posta en marcha da sociedade a través do DUE, que se traslada telemáticamente a todos os organismos implicados (Axencia Tributaria, Xunta de Galicia, Rexistro Mercantil e Seguridade Social). O persoal da Fundación encárgase tamén de cumprimentar todos os datos no DUE. A Fundación proporciona asistencia técnica e tutela completa nas primeiras etapas de actividade empresarial.