Escrito o:
Lugo Fala, unha iniciativa para facilitar a comunicación e a accesibilidade en establecementos empresariais
"LUGO FALA" é unha iniciativa que xorde desde a Asociación Raiolas Autismo-Lugo, pensada para facilitar a comunicación en Lugo das persoas que sofren un Trastorno do Espectro Autista (TEA).
Trátase dun proxecto a través do que se sinalizan mediante pictogramas (representacións gráficas sinxelas) os lugares e negocios máis frecuentados dunha cidade, coa finalidade de que esta se converta nunha contorna máis accesible para as persoas cun Trastorno do Espectro Autista (TEA), contribuíndo así a mellorar a súa calidade de vida.
Para o éxito desta inciativa é imprescindible a colaboración das empresas con establecementos abertos ao público: as interesadas en sumarse únicamente terán que solicitar a súa pictograma a través do formulario descargable ao final desta entrada e envialo á dirección de e-mail raiolaslugo2@gmail.com. Recibirán o pictograma de xeito totalmente gratuito e terán que colocalo de forma visible na porta dos seus establecementos a unha altura de 1,20 metros (Raiolas resolverá calquera dúbida sobre colocación ou significado).
Aínda que inicialmente esta iniciativa está pensada para a cidade de Lugo, poden participar empresas de calquera municipio da provincia se así o solicitan.
Raiolas conta para a elaboración e distribución dos pictogramas coa colaboración de Vicepresidencia 1ª da Deputación Provincial de Lugo e do Portal Aragonés da Comunicación Aumentativa e Alternativa (ARASAAC).
Sobre a TEA e os pictogramas
As persoas con TEA precisan dos apoios visuais para entender o mundo que lles rodea e desenvolverse na súa vida cotiá. A súa contorna adoita presentar demasiados estímulos sensoriais e un uso predominante da palabra sobre a imaxe, o que dificulta que entendan, gozar e sexan máis autónomos no seu día a día.
Os pictogramas facilitan ás persoas con TEA a comprensión en xeral do mundo que lles rodea e en particular da súa propia cidade, o que facilita que se relacionen cunha maior autonomía.
Imaxe: exemplos de pictogramas de ARASAAC como os que se distribuirán desde Raiolas entre os establecementos interesados.