Voltar atrás

Escrito o:

Xornada Agricultura Ecolóxica: Concepto e Proxección

No marco do acordo de colaboración formalizado o pasado ano entre a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e a Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama) coa pretensión de contribuír á formación ambiental dos empresarios e emprendedores lucenses, o próximo día 22 de xaneiro, xoves, celebrarase unha nova xornada baixo o título "Agricultura ecolóxica: concepto e proxección", na que se abordarán as particularidades e os obxectivos deste tipo de agricultura, que pasan por manter a produtividade do chan e do cultivo a través da dotación de nutrientes adecuados para as plantas e o control de parásitos, herbas espontáneas e enfermidades, e todo iso sen agredir nin deteriorar a contorna nin, por suposto, a saúde dos consumidores.

A xornada, que será presentada e moderada polo Secretario Xeral da CEL, Jaime L. López Vázquez, e o Presidente de Sogama, Luís Lamas,  terá lugar de 19:00 a 20:00 horas, na Escola de Empresarios e Centro de Formación da CEL, actuando como relatora o Director Técnico da empresa lucense Agronovo, Rafael Rivadulla (ao final desta entrada pode descargarse o programa).

Rivadulla analizará e explicará os procedementos a seguir para asegurar unha produción ecolóxica coas máximas garantías, orientando ao auditorio ao redor da creación dun bo chan, os sistemas de rega a utilizar, a planificación do horto, a preparación das simientes, como asociar e rotar os cultivos, elección de técnicas de acolchado e fertilización, como aplicar o compost e outros abonos orgánico, e como previr e facer fronte a pragas e enfermidades.

Os asistentes serán obsequiados cunha guía sobre agricultura ecolóxica editada pola Sociedade Galega do Medio Ambiente e da que precisamente é autora a firma Agronovo, que contén información como criterios básicos para arar o chan, preparación de sementeiros, diferentes tipos de plantacións e período ideal para o seu cultivo, abonos, entre outras cuestións.

Agronovo é unha empresa pioneira e referente en consultoría e asesoramento en materia de producións ecolóxicas. Nada en Lugo, no viveiro de empresas da Fundación CEL - Iniciativas por Lugo, o pasado ano cumpriu unha década de vida intensamente vinculada á terra e ás empresas relacionadas cos sectores agrario e alimentario, en especial con produtores interesados en obter produtos de calidade, elaborados baixo unhas normas que aseguran o respecto co medio ambiente, saudables e sustentables, e que poidan ser amparados ademais por diferentes certificacións como denominacións de orixe ou indicacións xeográficas protexidas.

Inscricións

A xornada é gratuíta e aberta ao público, se ben o seu contido está especialmente pensado para empresarios e emprendedores. As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode formalizarse na seguinte ligazón:

INSCRICIÓN XORNADA AGRICULTURA ECOLÓXICA