Voltar atrás

Escrito o:

Xornada Informativa: Etiquetado Alimentario

A nosa Escola de Empresarios e Centro de Formación acollerá o vindeiro luns día 17 de novembro, a partir das 18:30 horas, unha xornada informativa gratuíta relativa ao Regulamento UE nº 1169/2011, sobre a información alimentaria facilitada ao consumidor.

A través deste Regulamento consolídanse e actualizan dous campos da lexislación en materia de etiquetaxe: o da etiquetaxe xeral dos produtos alimenticios, regulado pola Directiva 2000/13/CE, e o da etiquetaxe nutricional, obxectivo da Directiva 90/496/CEE.

O obxectivo do Regulamento é mellorar o nivel de protección da saúde dos consumidores e garantir o seu dereito á información para facilitar a súa toma de decisións.

Programa

  • Aclarar os novos requisitos para a aplicación do Regulamento 1169/2011 de face á súa implantación na organización.
  • Coñecer e adaptarse ao novo Regulamento da etiquetaxe de alimentos, que será aplicable a partir de decembro de 2014.
  • Coñecer as obrigacións, riscos e sancións ás que se enfrontan as empresas que non cumpran coa normativa europea 1169/2011.
  • Coñecer os requisitos do Plan de Prevención de Riscos de Alerxias Almentarias que cumpran con esta normativa.


A asistencia á xornada, organizada por SFT, é libre e gratuíta pero requírese reserva de praza no número de teléfono 982 24 30 71.

Escuela de Empresarios y Centro de Formación CEL
Rúa Manuel Murguía, 6-Bajo
27.003 Lugo