Voltar atrás

Escrito o:

Ecodiseño, o futuro inmediato do deseño de produtos e servizos

O "ecodiseño" é un concepto cunha difusión cada vez maior no mundo empresarial: refírese ao proceso mediante o cal se identifican e tratan de minimizar todos os impactos ambientais que pode producir un produto ou servizo en todo o seu ciclo de vida, desde a mesma selección das materias primas para a súa fabricación até a xestión dos residuos que producirá, sen que afecte de ningún xeito á súa calidade ou prestacións.

A través do "ecodiseño", deseño ecolóxico ou sustentable, búscase por tanto un obxectivo principal, o de reducir ao máximo as consecuencias negativas dun produto ou servizo sobre a contorna ambiental (e mesmo social). Con todo, a consideración de parámetros ecolóxicos no deseño dun produto ou servizo vai máis aló: implica ademais aforro de custos (en consumo de materiais, mellora de envases e embalaxes, etc.), diferenciación da oferta da empresa, mellora da imaxe ante consumidores e Administracións, apertura de novos nichos de mercado... e, en xeral, unha vantaxe competitiva para aquelas industrias que apostan por esta liña.

Pero, ademáis, a inclusión de criterios propios do ecodiseño xeneralizarase nun futuro inmediato pois o respecto pola contorna, a atención a conceptos de Responsabilidade Social Corporativa, son unha demanda crecente nunha sociedade cada vez máis concienciada co futuro ecolóxico do planeta.

Un mundo de posibilidades

As posibilidades do ecodeseño son múltiples, podendo destacar, entre outras, o aumento da cantidade de produto sen modificar as características do envase, o emprego de materias primas procedentes de fontes renovables para a súa fabricación, o uso de envases con certificado de xestión sustentable FSC, que acredita a orixe de recursos naturais ben xestionados, a eliminación da  tinta empregada ou ben a eliminación das superficies impresas, o emprego de menor volume de envase para comercializar a mesma cantidade de produto e a supresión de asas, solapas das caixas e altura dos tapóns, entre outros.

Exemplo de ecodeseño por excelencia podería ser a evolución dos tradicionais tambores de deterxente a envases máis lixeiros, pequenos e concentrados, permitindo unha mellor transportabilidad dos mesmos, unha mellor xestión do espazo ocupado e, por suposto, unha mellor xestión do envase unha vez esgotado o uso para o que foi pensado.

Xornada

A sede central da CEL en Lugo acolle o próximo día 30 de setembro, martes, a xornada "As posibilidades do ecodiseño para o aforro na empresa". Organizada con Sogama e Economía Dixital, contará contará coas intervencións de María Pérez Sáinz, técnico do Departamento de Prevención e Servizos a Empresas de Ecoembes, e Alberto Cabadas Avión, director xerente e director de calidade de Augas de Mondariz (Fonte do Val S.L.).

Máis info e inscricións