Escrito o:
Nueva edición del Concurso de Tapas de Lugo
Un total de 50 negocios de hostalaría de Lugo participan a partir de hoxe e até o día 30 de setembro na edición 2014 do Concurso de Tapas de Lugo, certame organizado unha vez máis pola Asociación de Hostalaría de Lugo (APEHL), co patrocinio do Concello de Lugo. Conta ademais coa colaboración do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, a queixería Marqués de Cernadas, Viaxes Mundo Galaico e Cash-Ifa.
As tapas que se poderán degustar nesta edición destacan unha vez más pola calidade, o produto da terra e a creatividade: o seu prezo oscila entre 1 e 3 euros (ao final desta entrada pódese descargar tríptico con todas as tapas a concurso).
O horario mínimo de degustación será dunha a tres e media do mediodía e de oito da tarde a dez e media da noite, aínda que cada local poderá amplialo se o desexa.
Premios para o público
O gañador do Concurso de Tapas de Lugo será escollido polo público, qu e mediante as súas votacións participará en diferentes tipos de sorteos. En todos os establecementos inscritos haberá cupóns de votación: cada votante terá que cubrir un deles con polo menos 3 selos de 3 locais diferentes, indicando debidamente o nome do establecemento e da tapa que se votan, así como os datos persoais e de contacto, e depositalo na urna correspondente que porá á vista cada hostaleiro.
Os votantes no Concurso de Tapas de Lugo poderán optar a varios premios. Quen deposite na urna o pasaporte cuberto cos 50 selos entrará no sorteo dunha viaxe dunha semana para dúas persoas. Se se entrega o pasaporte con 25 selos diferentes como mínimo entrarase no sorteo dun fin de semana nunha cidade europea para dúas persoas, de circuítos termais e de noites en hoteis. Por último, entre quen entregue na urna o cupón de votación selado por 3 locais distintos sortearanse varios agasallos, como ceas en restaurantes, rutas en catamarán ou catas en adegas da Ribeira Sacra, entre outros.
Despois do 30 de setembro, un xurado técnico seleccionará a mellor tapa creativa, a mellor tapa tradicional e a mellor maridaxe con viño da Ribeira Sacra.
Máis info na web www.concursodetapaslugo.com ou en Facebook