Voltar atrás

Escrito o:

Xornada: As posibilidades do ecodeseño para o aforro nas empresas

O día 30 de setembro, martes, terá lugar na sede central da CEL a xornada "As posibilidades do ecodiseño para o aforro nas empresas", organizada por Sogama e a propia Confederación de Empresarios de Lugo no marco dun acordo entre ambas as entidades para promover un mellor coñecemento e formación en materia ambiental na provincia. Nesta ocasión cóntase tamén coa colaboración da diario Economía Dixital.

Esta sesión informativa terá lugar en horario de 19:00 a 21:00 horas (ao final desta entrada pode descargarse o programa completo) e contará coas intervencións de María Pérez Sáinz, técnico do Departamento de Prevención e Servizos a Empresas de Ecoembes, e Alberto Cabadas Avión, director xerente e director de calidade de Augas de Mondariz (Fonte do Val S.L.).

Ecoembes, Sistema Integrado de Xestión para os envases e residuos de envases, leva a cabo unha importante tarefa neste campo, implantando xa máis de 34.000 medidas de ecodeseño en numerosas compañías, moitas delas  pertencentes á comunidade autónoma galega. É o caso de Augas de Mondariz, que posibilitou unha mellor e máis efectiva reciclabilidade dos seus envases, constituíndo todo un referente desde a dimensión ambiental.

Obxectivos

A través deste encontro búscase dar a coñecer as posibilidades do ecodiseño, concepto que emerxe con forza e enténdese como a integración dos aspectos ambientais no deseño dun produto co obxectivo de minimizar o seu impacto ambiental. Con esta idea como base, tense en conta todo o ciclo de vida dun produto, desde a selección das materias primas coas que se vai a fabricar até a xestión dos residuos que producirá, o que supón unha optimización de recursos que implica un menor impacto ambiental á vez que as empresas ven reducidos os seus custos. É por iso que cada vez son máis as empresas que optan por prácticas de ecodiseño, formando estas parte da súa Responsabilidade Social Corporativa.

Reserva de praza

A asistencia é gratuíta pero as prazas son limitadas, polo que é obrigatorio tramitar inscrición a través da seguinte ligazón:

                                                                 TRAMITAR INSCRICIÓN

Acordo

Esta sesión informativa sobre ecodiseño é a segunda dun ciclo de xornadas organizado no marco dun convenio de colaboración subscrito entre a confederación empresarial lucense e SOGAMA a través do que se busca para promover un mellor coñecemento e formación por parte de empresarios, emprendedores, traballadores e desempregados de cuestións relacionadas co medio ambiente.

Sede Central CEL
Pza. de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta
27.001 (Lugo)