Voltar atrás

Escrito o:

Nova directiva ó fronte de AJE Lugo

A Asociación de Xóves Empresarios de Lugo (AJE Lugo) celebrou onte a última hora da tarde reunión da súa asemblea xeral con carácter electoral, na cal se procedeu a unha renovación da súa xunta directiva: Juan Manuel López Labrada, da empresa PyH Enxeñaría, foi proclamado como novo presidente por unanimidade, en substitución de Santiago Seijas Alfonso do Grupo Vitae.

Incorpóranse tamén a esta directiva Jorge Rois Merino de Macrocopia, como vicepresidente, e José Miguel Fernández Pérez de Xuntos Economistas como Tesoureiro. Carmen José López Rodríguez de Lustrum Avogados e hoxe presidenta de AJE Galicia manterase na secretaría xeral da Asociación, así como Blanca de Cora García do Progreso e Ramon Campello Castro de Tecvipro Sistemas, que continuarán nas vocalías da Xunta.

Apoio ao novo empresario

O novo equipo directivo continuará co traballo mantido até o momento de apoio ao novo empresario de Lugo, na liña de fomento da actividade empresarial da provincia e apoio aos que empezan, e tentará ampliar a base social do colectivo.

No marco da asemblea de onte tamén se aprobaron a memoria e as contas anuais correspondentes ao exercicio 2013.