Escrito o:
Axudas para emprendedores e empresas na zona Urban de Lugo
Recentemente publicábanse no BOP os apoios que anualmente se habilitan no Concello de Lugo para o establecemento de novas actividades económicas e para adquisición de mobiliario, rótulos ou remodelación de fachadas na zona Urban da cidade.
A convocatoria para os emprendedores está orientada ao apoio á creación de novas empresas e apertura de novos centros de traballo na zona Urban, a través da concesión de financiamento a fondo perdido ao investimento, sempre que vaia unida á creación de emprego. Se apoyoa tamén o traslado desde os viveiros de empresas da cidade, sempre que se manteñan postos de traballo ou se xere novo emprego. Estas axudas poden solicitarse até o 27 de xuño.
Por outra banda, as pemes interesadas na a convocatoria de axudas para instalación de terrazas, rótulos e mellora de fachadas na zona Urban poderán solicitar as axudas até o día 20 de xuño.
Na área de Documentación (Categoría Axudas) desta web pódese acceder a resumos e convocatoria oficial destas dúas liñas de axuda (acceso só para asociados).
Máis información e asesoramento sobre as axudas a través do noso Departamento Económico - Fiscal.