Escrito o:
Relatorio de Ángel González Castrillejo sobre a SEPA
Recentemente a nosa Escola de Empresarios acolleu unha xornada informativa, organizada coa colaboración de Caixa Rural Galega, sobre a Single European Payments Area (SEPA), a zona única de pagos europea . O noso relator foi Ángel González Castrillejo, membro da Comisión Delegada de Cooperación Interbancaria (CCI) e do Observatorio Nacional de Migración a SEPA do Banco de España, conselleiro de Iberpay (Sociedade Española de Sistemas de Pago), coordinador do Comité Técnico para a Migración a SEPA do Grupo Caixa Rural, director de Operatciones do Banco Cooperativo Español S.A., así como representante do sector da UNACC en distintos foros.
Pomos á vosa disposición o vídeo completo da intervención de González Castrillejo, na que explica de forma detallada que é o SEPA, o código IBAN, implicacións do novo sistema nos procesos de cobro e pago das empresas...