Voltar atrás

Escrito o:

AMSlab e Siente Galicia, Premios Lugo Emprende 2014

A IVª Edición dos Premios Lugo Emprende péchase con dúas empresas lucenses destacables: AMSlab leva o Premio á Nova Empresa Senior 2014 e Siente Galicia á Nova Empresa Junior, polo carácter innovador da súa proposta empresarial, a súa traxectoria e o seu rápido crecemento.

AMSlab é un laboratorio lucense dedicado á realización de ensaios químicos e físicos para os sectores farmacéutico, téxtil ou agroalimentario, entre outros. Pola súa banda, Siente Galicia é unha nova axencia turística, nacida no viveiro de empresas da Fundación CEL - Iniciativas por Lugo, que opera online con Galicia con destino preferente e cunha oferta baseada en paquetes temáticos de calidade.

Cáritas Lugo recibiu tamén unha distinción especial nesta IVª Edición dos Premios Lugo Emprende polos seus programas de apoio ao emprendedor e ao emprego.

Finalistas

Entre os finalistas a este premio atopábanse empresas tamén de peso como Champivil, Miramar Cruises, tamén nada na Fundación-CEL, Geneaqua, Tecdeli ou Galdoo Technologies.

Os Premios Lugo Emprende entregáronse no Hotel Méndez Núñez, nun acto ao que asistiu Francisco Conde, Conselleiro de Economía e Industria, entre outros representantes institucionais.

Foto: Arquivo AJE Lugo