Voltar atrás

Escrito o:

As novas tendencias en perruquería e estética volven a Lugo da man de Pelirroja

A Asociación de Empresarios de Perruquería, Estética e Afíns de Lugo (Pelirroja Lugo) reuniu, o pasado día 24 de novembro, e por segunda vez en menos de dous meses, a 500 profesionais de sector nunha gala que contou coa actriz, cantante e xornalista lucense Alba Messa como mestra de cerimonias e que axuntou beleza, moda, barbaría e vangarda a partes iguais.

A gala, o II Evento de Perruquería e Estética, tivo lugar no Auditorio Gustavo Freire de Lugo e incluíu no seu programa shows de barbaría da man de Play Extensions, marca líder en fabricación e distribución de extensións, e Peluqueros On The Road, unha nova proposta para televisión online que reúne na estrada a dous perruqueiros estrela do país, Giovanna Lucana e David Rodelas, para cambiar a imaxe e estilismo de diferentes persoas ao longo e ancho da xeografía española.

Lucana e Rodelas acumulan no seu haber varios dos galardóns máis prestixiosos polo talento e creatividade que demostran nas súas propostas e mostraron en Lugo algunha das coleccións coas que obtiveron premios, Rebel e Hunter.

Moda

Pero non só se puideron ver propostas de barbaría no Gustavo Freire: calzado, complementos e moda lucense da man de Luís Areñas e Manuela López, Montse Arias, Inpe, Abrigo Verde, Messalina, Porta Castelli, Lolita Blue, Ramón Rebolo, Xoiaría Senén, Calzados Clupé ou Modesto-Santa Eulalia, tamén estiveron presentes neste II Evento tanto na pasarela como en "escaparates a pé de rúa", preparados na exposición celebrada de forma sumultánea á gala, e que tamén contou con casetas de Depilclub, Seguros PB, Cafés Candeas ou Play Extensions, entre outros.

Ver galería de imaxes en Facebook