Voltar atrás

Escrito o:

A Escola de Empresarios énchese para a xornada sobre o SEPA

Máis de setenta empresarios asistiron hoxe á xornada informa a xornada informativa Estás preparado para o SEPA? organizada por de a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Caixa Rural Galega co obxectivo de dar a coñecer e resolver dúbidas achega do Single Euro Payments Area, o espazo harmonizado de pagos en euros que se implantará de forma irrevogable o día 1 de febreiro de 2014 en 33 países (os 28 países membros da UE, así como Islandia, Liechtenstein, Mónaco, Noruega e Suíza).

O relator da xornada foi Ángel González Castrillejo, membro da Comisión Delegada de Cooperación Interbancaria (CCI) e do Observatorio Nacional de Migración á SEPA do Banco de España, conselleiro de Iberpay (Sociedade Española de Sistemas de Pago), coordinador do Comité Técnico para a Migración a SEPA do Grupo Caixa Rural, director de Operacións do Banco Cooperativo Español S.A., así como representante do sector da UNACC en distintos foros.

Adecuación dos procesos de pago e cobro

O SEPA implicará que todas as operacións realizadas en territorio europeo estean suxeitas a un conxunto de regras e condicións homongéneas e comúns. Todas as institucións e organismos públicos, así como todo o tecido de grandes empresas e pemes, autónomos, comercio, etc. haberán de estar adaptados a este sistema á data de entrada en vigor.

Igualmente, o SEPA suporá para as empresas que teñan que realizar diferentes cambios para adecuar os seus procesos de pago e cobro á normativa específica deste sistema. Entroutras adaptacións, suporá que os negocios teñan que migrar os datos das contas corrientas de clientes e provedores ao novo código IBAN ; solicitar o código IBAN en calquera actividade comercial con terceiros e/ou empregados para substituír o Código Conta Cliente (c/c/c); axustar os ficheiros de intercambios bancarios ás novas normas estándares SEPA; gardar as autorizacións dos clientes para poder domiciliar adeudos (xerar recibos domiciliados SEPA) a través dun único mandato normalizado; revisar e no seu caso adecuar documentos comerciais como facturas, contratos, etc.

Próximamente ofreceremos máis información sobre a ponencia ofrecida por Ángel González Castrillejo nas nosas instalacións.