Voltar atrás

Escrito o:

Carmen Castelao, reelexida á fronte de Tradime

Carmen Castelao Muiña continúa á fronte da Asociación de Empresarios de Transporte Discrecional de Mercadorías por Estrada de Lugo (Tradime) por outra lexislatura máis. A súa candidatura, a única presentada, foi proclamada por unanimidade en reunión de asemblea electoral deste colectivo empresarial que tivo lugar o sábado 9 de novembro no Hotel Jorge I.

Os empresarios do transporte aproveitaron tamén a ocasión para revisar a actividade da asociación durante o último exercicio e aprobar as súas contas anuais. Carmen Castelao, pola súa banda, tamén fixo referencia na súa intervención aos principais problemas do sector durante o último ano, entre os que destacaron o incremento dos prezos do gasóleo, a repercusión do céntimo sanitario, a morosidade ou a falta de financiamento.

Finalizada a reunión da asemblea Emilio Sidera Leal, subdirector xeral de Ordenación Normativa do Transporte Terrestre, ofreceu unha conferencia sobre os puntos máis importantes da modificación da Lei de Transportes.

Homenaxe

Posteriormente, e antes da cea anual de confraternidade do sector (á que asistiron máis de 300 persoas), tivo lugar o V Acto de Recoñecemento Empresarial da Federación Galega de Transporte de Mercadorías (Fegatramer), que preside Alfonso Parga. En virtude deste Acto recoñeceuse o labor dun empresario de cada unha do catro provincias galegas, concretamente, os homenaxeados este ano foron: pola provincia de Pontevedra, Juan Fos Torró; pola provincia de Ourense, David Suárez Pérez; pola provincia da Coruña, José Boedo Fernández e, pola provincia de Lugo, Atilano Reigada Alonso. Todos eles recibiron unha placa conmemorativa de mans do presidente de Fegatramer.