Escrito o:
Seminario de elaboración e avaliación do Plan de Negocio
As instalacións da Fundación CEL - Iniciativas por Lugo acollerán en próximas datas un Seminario de elaboración e avaliación do Plan de Negocio, organizado en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica.
Este seminario, de carácter gratuíto, está dirixido a persoas emprendedoras que teñan un proxecto de negocio que desexen analizar, así como a empresarios e autónomos con menos de 42 meses de actividade que desexen reorientar ou analizar o seu plan de negocio.
O programa deste seminario está subdividido en sesións formativas e titorías personalizadas e individualizadas para cada proxecto. En total, celebraranse tres sesións formativas de catro horas de duración cada unha, que terán lugar en horario de 16:30 a 20:30 horas os días 19 e 26 de novembro, e 3 de decembro nas que se facilitará ao emprendedor a metodoloxía e ferramentas necesarias para o desenvolvemento do seu plan de empresa, e dúas tutorías individualizadas, de 45 minutos de duración cada unha, que permitirán unha orientación personalizada e adaptada ás necesidades de cada proxecto e que se desenvolverán os días 2 e 10 de decembro. Pódese descargar díptico resumido con calendario de sesións e programa completo ao final desta entrada.
A metodoloxía do Seminario é de carácter moi participativo e dinámico, fomenta o uso de internet e ferramentas informáticas para a confección do plan de negocio e o coñecemento de novas ferramentas sociais. Está impartido, ademais, por recoñecidos consultores do mundo da empresa e a formación.
As prazas son limitadas. A inscrición efectúase a través da Oficina Virtual do Igape (ver manual ó final desta entrada).
Para calquera dúbida ou aclaración podedes contactar coa Fundación no número de teléfono 982 28 41 50.