Voltar atrás

Escrito o:

O INE confirma a saída de España da recesión

O Produto Interior Bruto (PIB) xerado pola economía española rexistra unha variación do 0,1% no terceiro trimestre de 2013 respecto ao trimestre precedente, segundo a estimación avance do PIB trimestral facilitada hoxe polo Instituto Nacional de Estatística. Esta taxa é dúas décimas superior á rexistrada no trimestre anterior (?0,1%).

Pola súa banda, a variación anual do PIB no terceiro trimestre de 2013 é do ?1,2%, fronte ao ?1,6% do segundo trimestre segundo o INE. Este resultado prodúcese como consecuencia dunha achega negativa da demanda nacional, que é compensada parcialmente pola achega positiva da demanda externa.

Os datos do PIB avanzados hoxe polo INE supoñen a saída técnica de España da recesión, e coinciden co exposto no Boletín Económico do Banco de España correspondente ao terceiro trimestre, publicado a pasada semana.

Por outra banda, o INE publicou tamén hoxe o indicador adiantado do IPC, que sitúa a súa variación anual no -0,1%en outubro, catro décimas por baixo da rexistrada en setembro.

Ver nota avance CNT

Ver nota indicador adiantado IPC

Ver Informe Banco de España