Voltar atrás

Escrito o:

Lughnasadh, un festival aquellarre para exposición e venda dos teus produtos

As Festas do San Froilán xa están aquí e as nosas Asociacións traballan para que estean o máis animadas posible e sexan todo un éxito. As Mulleres Empresarias preparan así, para os días 4, 5 e 6 de outubro, a Feira/Festival Aquelarre Lughnasadh.

Lughnasadh terá lugar na praza de San Marcos, onde está situada a Deputación Provincial de Lugo, en pleno centro histórico de Lugo. Ambientada como aquelarre de bruxas, incluirá a posibilidade de exposición, venda e promoción dos produtos daquelas empresas que estean intersadas en participar. Ademais da especial ambientación que sen dúbida agradará ao público que se achegue ás casetas, contémplase a organización de talleres infantís.

En total, está prevista a instalación de 25 casetas. Aínda que unha boa parte xa están reservadas, poden participar empresas asociadas e non asociadas ao colectivo de empresarias, e o prezo de cada espazo conta con subvención dun 70% a través da Liña INCE da Xunta de Galicia.

As empresas interesadas en participar poden contactar con AELU nos números de teléfono 982 226 991 e 655 947 735 (persoa de contacto: Ana López).

Ao final desta entrada pódese descargar formulario de inscrición como expositor, plano de situación e cartel informativo da Feira.

 

Calle San Marcos (Lugo)