Voltar atrás

Escrito o:

As mulleres empresarias preparan a súa asistencia a GIFTRENDS 2013

Desde a Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo infórmannos da súa participación, xunto coa Federación Galega de Mulleres Empresarias e outros colectivos, na organización dunha viaxe para asistir á feira de Madrid GIFTRENDS os próximos días 14 e 15 de setembro. GIFTRENDS, organizada por IFEMA Madrid, é a Semana Internacional do Agasallo, Decoración, Xoiaría, Bixutaría; inclúe tres salóns diferenciados dedicados a Agasallo e Decoración; Bixutaría e Complementos; Xoiaría, Prataría, Reloxaría e Industrias Afíns.

Trátase dunha viaxe destinada a MULLERES EMPRESARIAS e EMPRENDEDORAS. Está subvencionado nun 85%, de modo que só se haberá de abonar 30 euros, tarifa que inclúe desprazamento de ida e volta en autobús (saída o día 14 da Coruña), aloxamento en habitación dobre e almorzo na AC Hotel Madrid Feira by Marriott, de catro estrelas, desprazamentos ao recinto feiral e seguro de viaxe.

Soamente restan por adxudicar algunhas prazas libres. As empresarias e emprendedoras lucenses interesadas en máis información poden descargar o cartel que se facilita ao final deste post ou contactar directamente coa Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo no número de teléfono 982 22 69 91.