Escrito o:
A CEL lamenta a perda de Horacio García, fundador de Granja Campomayor
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), decatada do falecemento de D. Horario García, fundador da empresa do seu Consello Asesor Granja Campomayor, traslada a través deste comunicado o seu máis sentido pésame á súa familia e amigos pola perda do "alma dunha empresa exemplar e pioneira no sector agroalimentario galego".
A CEL destaca a figura de Horario García como un precursor da posta en valor da calidade do produto lucense e da aposta, xunto coas seguintes xeracións da súa familia, pola innovación desde a tradición e o respecto polo propio.
A CEL considera a Horacio uno dos empresarios e emprendedores imprescindibles de Lugo durante as últimas décadas, expoñente daqueles que "se fixeron a si mesmos" e poideron ver antes que ninguén o potencial dun produto tan humilde como o ovo para xerar emprego e riqueza.
A Confederación sinala que foi Horacio García quen fundou Granja Campomayor, aínda que traballaba xa desde adolescente na explotación familiar de galiñas, dándolles para comer, recollendo a produción e percorrendo as feiras para vendela. Tras o falecemento do seu pai, Horacio García foi o encargado de modernizar a explotación familiar, automatizando procesos, apostando pola calidade e chegando ás grandes empresas de distribución.
O principal legado de Horacio, Granja Campomayor, é hoxe unha empresa forte e en crecemento, que dá emprego máis dun centenar de traballadores e conta con instalacións en varios puntos da xeografía galega.