Escrito o:
Preto de corenta empresas asisten a un obradoiro sobre axudas do Igape da CEL
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) acolleu hoxe un obradoiro sobre as novas liñas de axuda do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) en 2025.
Preto de corenta empresarios se interesaron por esta temática e asistiron á xornada de traballo, que se celebrou en formato híbrido (online e presencial), no marco das actividades da iniciativa Conecta Lugo, de apoio e asesoramento ás empresas de Lugo que a CEL mantén co financiamento da Xunta de Galicia.
O obradoiro de hoxe contou coas aportacións de José Manuel Fernández García, subdirector de Asesoramento Empresarial do Igape e de apoio da Oficina Económica de Galicia, que analizou en detalle o mapa de apoios do Igape; Gustavo Cabo López, xerente de Globbink e Imprimate, que explicou a súa experiencia con este tipo de incentivos, e Hugo Criado, de Medrar Innovation Office, que dirixiu a dinámica de traballo do grupo.
Polo momento xa están publicadas 15 liñas de axuda do Igape para 2025 que suman máis de 172 millones de euros destinados a mellorar a competitividade, a innovación e o financiamento de pemes e autónomos galegos.