Voltar atrás

Escrito o:

GREENFIBER incorpórase ao Consello Asesor da CEL

Greenfiber, filial do grupo Altri en Galicia para desenvolver a fábrica de fibras téxtiles en Palas de Rei, dá un novo paso no seu proceso de asentamento e compromiso na comunidade incorporándose ao consello asesor da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL). Unha adhesión que foi subscrita por Jose Pina, CEO de Altri, e Jaime Luís Lopez Vázquez, secretario xeral da CEL.

Este compromiso súmase ao anuncio do acordo para a adquisición a Smarttia de Greenalia Forest, unha das principais empresas do sector forestal na comunidade, e de Greenalia Logistics, realizado a semana pasada e que reflicte o compromiso de Altri co desenvolvemento sustentable e a valorización dos recursos naturais de Galicia. Para Jose Pina "a incorporación ao consello asesor da CEL é un paso lóxico no noso compromiso coas comunidades locais, neste caso co desenvolvemento económico e social de Lugo. Queremos sumar e fomentar a creación de emprego de calidade e pór valor un sector tan fundamental para Lugo como é o forestal". 

Pola súa banda, para Jaime López "o proxecto GAMA é unha oportunidade para a provincia de Lugo que non podemos deixar escapar". 

O Consello Asesor da CEL é un organismo interno da organización empresarial que agrupa empresas e entidades con presenza na provincia de Lugo que, pola súa especial traxectoria, dimensión, actividade ou calquera outra circunstancia, constitúense en grupo de apoio, análise, debate e fonte de propostas para a CEL. Na actualidade, confórmano máis de corenta empresas.

GAMA

A planta de fibras téxtiles que Greenfiber deseñou para Palas de Rei é un proxecto baseado na economía circular, no que todo se optimiza: auga, residuos e enerxía. Trátase dunha planta de última xeración, en liña coas directrices da UE. Cun investimento de máis de 1.000 millóns de euros, creará ao redor de 2.500 postos de traballo, dos cales 500 serán empregos directos nunha planta que funcionará as 24 horas para fabricar dous produtos finais a partir da madeira de eucalipto, ambos de base celulósica e, por conseguinte, biodegradables. Un deles serán as fibras solubles para aplicacións téxtiles, que se venderán soamente a industrias do sector téxtil, e outro será o Lyocell, unha fibra téxtil coa mesma base celulósica, que se producirá na mesma planta utilizando directamente o primeiro produto como materia prima.