Voltar atrás

Escrito o:

Más de oitenta persoas reflexionan sobre innovación no rural en Chantada

No II Foro de Innovación Empresarial Conecta Lugo, organizado pola CEL e a Xunta de Galicia e celebrado onte no Auditorio Municipal de Chantada.

O encontro contou coas intervencións do coñecido consultor en estratexia e conferenciante Xavier Marcet, así como da directora xeral do IGAPE, Covadonga Toca, que detallou as 15 liñas de apoio que vén de habilitar este organismo autonómico pra facilitar a planificación e novas iniciativas empresariais, subliñando que suman máis de 172 millóns de euros, unha "cifra histórica" destinada a mellorar a competitividade, a innovación e o financiamento de pemes e autónomos galegos.

A inaguración do encontro correu a cargo do alcalde de Chantada Manuel Lorenzo Varela, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias Fouz, e o secretario xeral da CEL, Jaime López, que lembrou a figura de Álvaro Rodríguez Eiras, primeiro presidente da CEL recentemente falecido, como exemplo innovación no rural, "un pioneiro na posta en valor do rural; un visionario sobre como apostando pola innovación, a sustentabilidade e o compromiso coa tradición e a mellora continua podíanse facer grandes cousas desde o noso campo".

O foro completouse cunha mesa redonda de debate sobre innovación na que participaron o propio Xavier Marcet, Juan Luis Vázquez de Tourgalia e Casa de Outeiro, Xavier Mazaira de Airas Moniz e Hugo Criado de Medrar Innovation Office.

Desde a CEL destácase a importancia das novas liñas de axuda publicadas e anímase ás empresas a informarse e asesorarse a través da entidade.