Escrito o:
XORNADA | Novidades normativas 2025
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, co apoio da Deputación de Lugo, a xornada informativa "Novidades normativas 2025. Como preparar á nosa empresa? Novidades fiscais e factura electrónica". Terá lugar o día 12 de decembro, xoves, en horario de 10:30 a 12:30 h., na sede central da CEL en Lugo e contará coas achegas de parte do equipo de profesionais de Deloitte.
A xornada abordará, por unha banda, as modificacións lexislativas no imposto sobre sociedades (en vigor para o peche 2024), así como outras reformas fiscais en tramitación con aprobación prevista antes de final do ano en curso e previsión de entrada en vigor entre o actual exercicio nuns casos, con entrada en vigor retroactivamente, e outras con aplicación para 2025. Contará para iso coas achegas de Diana Soto, Socia de Fiscal (Tax) en Deloitte Legal, especializada en operacións de reestruturación e adquisicións de compañías, así como responsable da área de Xestión de Coñecemento de Deloitte Legal e do Sector Automoción para a área de impostos.
Por outra banda, nun prazo máximo de dous anos, a facturación electrónica imporase; todo tipo de empresas, grandes, medianas e pequenas, terán que adaptarse e comezar a emitir e/ou recibir as súas facturas por medios electrónicos. É por iso que na xornada abordarase esta importante novidade desde o punto de vista fiscal, legal e tecnolóxico, para dar a coñecer as solucións, ferramentas e plans para implementar a normativa que cambiará o panorama actual. Contarase para iso con Antía López Caridad, Asociada Senior de Fiscal (Tax) en Deloitte Legal, especializada en tributación indirecta, así como Benito Fernández de la Torre, manager de tecnoloxía en Deloitte Consulting.
Máis información no programa descargable ao final desta entrada.
A asistencia é gratuíta pero as prazas son limitadas, polo que é imprescindible inscrición na seguinte ligazón: