Escrito o:
Amianto e radon, a análise nunha xornada da CEL
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organizou hoxe en Lugo, nas instalacións de Forum CEAO, a xornada informativa "Amianto e radon. Novidades, riscos, estratexias e medidas de protección e control para a seguridade e a saúde", financiada pola Xunta de Galicia.
A xornada, de carácter práctico e intensivo, prolongouse ao longo da mañá. Inaugurada por Jaime Luís López Vázquez, secretario xeral da CEL, contou coas intervencións de Marcos Fernández González, Licenciado en Ciencias Químicas, Técnico Superior de Prevención de Riscos Laborais e de Xestión de Calidade e Natalia Álvarez Diéguez, diplomada en Educación Social e tamén Master Universitario en Prevención de Riscos Laborais, ambos os técnicos do Servizo de Prevención Saúde Laboral Galega con ampla experiencia en formación de equipos.
Jaime López lembrou na súa intervención que "está demostrado médicamente que a exposición ao amianto produce catro enfermidades como fibrosis pulmonar (asbestosis), cancro de pulmón, fibrosis e placas pleurales, e mesotelioma maligno pleural ou intestinal", entroutras patoloxías ou que "a exposición a radón é a segunda causa máis importante de cancro de pulmón tras o cigarro na poboación en xeral, e a primeira entre quen non fuman", polo que o coñecemento e avaliación do risco destes "elementos de carácter silencioso e moitas veces descoñecido" resulta prioritario nas contornas laborais.
Subliñou asemade, como vén sendo habitual neste tipo de foros, a importancia de xornadas deste tipo para enraizar a prevención como "valor social", contribuíndo así a reducir sinistralidade e mellorando a seguridade e a saúde de todos.
Representantes de máis de vinte empresas e entidades relacionadas coa prevención de riscos déronse cita neste encontro, que pecha as accións divulgativas presenciais en materia de prevención organizadas pola CEL este exercicio.
Laboral
Noutra orde de cousas, e no marco do marco das actuacións do Diálogo Social en Galicia, a CEL organiza mañá a xornada informativa "Escenario laboral: novidades e retos" na que se abordarán, da man de expertos e representantes empresariais e da Administración Pública, e desde diferentes puntos de vista, cuestións de actualidade en materia laboral que preocupan ás empresas lucenses. Máis información nesta ligazón.